Almudena Otero Villena: A lingua que flúe: entre a alteridade e a modernidade da Idade Media

 

 

SEHM 2017-12-13 cartelPechamos este ano 2017 de seminarios fascinantes cunha temática moi especial que nos invita a mergullarnos na filosofía medieval e na mística. Almudena Otero Villena que ven de presentar o seu libro de ensaio filosófico “‘Ayn: o ollo e a fonte” describe así a súa proposta para este mes de decembro:

En 1977 o medievalista Hans Robert Jauss publicou Alterität und Modernität der mittelalterlichen Literatur (Alteridade e modernidade da literatura medieval), un libro que no seu momento tivo unha notable repercusión en Alemaña. Jauss explica aquí que o noso achegamento á Idade Media está marcado pola súa alteridade: a distancia que nos separa, a estrañeza que nos produce. Mais no gozo estético que nos provoca a lectura dun texto medieval podemos descubrir tamén a súa modernidade, recoñecernos nel. Seguindo a Hans Ulrich Gumbrecht, poderíamos dicir que na experiencia estética a obra se fai presente, superando calquera distancia. Movémonos, así, da outredade á identificación. Do outro por excelencia, de deus, fala precisamente Mechthild von Magdeburg, mística do século XIII, no seu libro Ein vliessende lieht der gotheit. Mechthild  fala de deus, pero as palabras que escribe son -afirma- a mesma voz da divindade, porque ela mesma devén deus. A escrita é aquí lingua que flúe: que salva a distancia co outro e supera a alteridade.

 

Esperámosvos o mércores 13 de decembro no Salón de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia ás 19h. 

Anuncios

Marcos Fernández Ferreiro. Reificar seres humanos: escravitude e servidumbre no NW peninsular hai mil anos

SEHM 2017-11-09 cartelAbrimos o curso 2017-2018 con un seminario a cargo de Marcos Fernández Ferreiro que intentará iluminar un tema a miúdo marxinalizado e esquecido como foron os propios escravos.

Que é a escravitude? E a servidume? Que ocorreu coa escravitude clásica e tardoantiga durante a época altomedieval? Houbo escravos e escravas no territorio galaico por aquel tempo? A resposta a estas e outras preguntas sobre o estatus social servil entre os séculos ix e xii é o que intentaremos clarificar na medida do posible neste seminario monográfico. E farémolo, centrándonos especialmente nun dos varios aspectos necesarios para definir o significado de carecer de liberdade: a reificación dos seres humanos. Ou o que é o mesmo, a súa «cousificación», facer deles e delas unha posesión equiparable a un obxecto calquera, a un ben moble; pois, á vista das probas documentais, non parece haber dúbidas de que este tipo de comportamentos se deu no noroeste peninsular hai arredor de mil anos e a intención é poder achegarnos a eles.

Cabe aínda outra pregunta: por que a alta Idade Media? A escolla deste período histórico concreto para o estudo da cuestión non é aleatoria. Abofé, o discurso historiográfico dominante proporciónanos dende hai décadas unha historia da escravitude bastante nítida, tanto para a época greco-romana e tardoantiga, como tamén para os séculos xiii-xix. Porén, a situación parece máis difusa entre medias. Neste sentido, historiadores e historiadoras do alto medievo, cando centran as súas investigacións no noroeste peninsular, atópanse en múltiples ocasións con fontes escritas de difícil interpretación, pero nas que os conceptos e as expresións empregadas apuntan cara situacións servís que denotan unha clara dominación dunhas persoas sobre outras, e ás que non se lles deu aínda un sentido de conxunto. Aproximarse a ese sentido global é a intención última do noso proxecto e neste seminario poderemos ver algunha das pezas do crebacabezas.

 

Esperámosvos o xoves 9 de novembro na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia ás 19h. 

Álvaro Carvajal Castro: Colectivos en resistencia. Luchas campesinas y líderes locales en el noroeste peninsular (siglos X-XI)

SEHM 2017-05-11 cartel

O Seminario do mes de maio ven da man de Álvaro Carvajal, que nolo describe así:

“La documentación de la que disponemos para el periodo asturleonés es relativamente rica en información sobre los conflictos que, en distintos momentos y en varios lugares del noroeste peninsular, enfrentaron a colectivos campesinos y a diversos actores aristocráticos, tanto laicos como eclesiásticos. La historiografía se ha centrado tradicionalmente en aquellas acciones campesinas a las que se ha atribuido una dimensión comunitaria. Comunidad, sin embargo, es un término problemático que, tal y como ha sido habitualmente utilizado, dificulta el análisis de otras dinámicas y formas de acción colectiva, así como de los roles y funciones que diferentes personas pudieron adoptar en tales situaciones. El objetivo de esta presentación es explorar en mayor profundidad la naturaleza de los distintos tipos de conflictos documentados, los contextos en los que se dieron, su dimensión colectiva y la identidad y el papel de las personas a quienes en ocasiones se atribuye su liderazgo.”

Álvaro Carvajal doutorouse pola Universidade de Salamanca baixo a dirección de José María Mínguez González e Iñaki Martin Viso coa tese “La construcción de la monarquía asturleonesa en la meseta del Duero. Estudio de los procesos de integración territorial (s. IX-XI)”. Tras pasar dous anos na Escola de Arqueoloxía do University College Dublin cun contrato post-doutoral acaba de incorporarse cun contrato Juan de la Cierva ao Centro de Investigación Micaela Portilla da Universidade do País Vasco. 

Esperámosvos o xoves 11 de maio na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia ás 19h. 

Seminario de marzo: Cultura manuscrita na Galiza baixomedieval.

SEHM 2017-03-30 cartel

Ricardo Pichel Gotérrez apreséntanos os últimos avanzos no traballo de edición e estudo interdisciplinar de textos medievais, especialmente no campo da prosa non documental, redixidos na Galiza dos séculos XIII-XV. Tradicionalmente os estudos na lírica medieval galego-portuguesa teñen copado a atención dos estudosos en filoloxía medieval, ficando no esquecemento nos últimos anos, en maior ou menor medida e salvo honrosas excepcións, os distintos procesos de creación, copia, tradución ou compilación dos grandes xéneros literarios, historiográficos, xurídicos ou técnicos da nosa produción manuscrita baixomedieval. Por esa razón, parece útil trazar un panorama xeral e actualizado dos estudos centrados na prosa medieval galega, e en particular daquelas obras que aínda están pendentes de edición e/ou dun estudo interdisciplinar exhaustivo, permitindo así contribuír ao maior coñecemento da nosa cultura manuscrita medieval, non só do punto de vista cuantitativo e cualitativo dos textos e testemuños conservados, mais tamén en relación cos padroados implicados e coas sinerxías socioculturais estabelecidas no espazo galego-portugués e castelán.

Esperámosvos o xoves 30 de marzo, na sala D01 da Facultade de Filoloxía, ás 16:00.

 

 

 

 

Seminario de febrero: Las cruces de piedra en los espacios públicos del ámbito atlántico.

16402818_1567882639898137_592735696974130720_o

Sara Carreño, doctoranda de la Universidad de Santiago de Compostela, será la encargada de guiarnos por una viaje artístico por diversos espacios habitados por cruces. Y es que diversos territorios situados en el ámbito atlántico vieron cómo durante los siglos medievales se levantó en sus tierras un gran número de cruces pétreas que fueron situadas en diferentes espacios que podríamos denominar “públicos”.

En este seminario se llevará a cabo una aproximación a estas producciones, tomando como hilo conductor la evolución del tema iconográfico de Cristo crucificado, desde sus orígenes hasta el siglo XV. La amplitud de este marco temporal se debe a que la producción de cruces pétreas fue realizada en diferentes cronologías, dependiendo de su contexto, pues mientras que las high crosses inglesas e irlandesas se levantaron entre los siglos VII y XII, los cruceiros gallegos se encuadran entre los siglos XIV y XV. A través del estudio de sus programas iconográficos y sus significados, se verá cómo se pueden señalar una serie de similitudes y diferencias, pues a pesar de pertencer a contextos espirituales distintos, todas ellas remiten al tema de la redención del ser humano y su posibilidad de salvación tras la muerte.

Os esperamos el miércoles, 8 de febrero, a las 19:00 en la Sala de profesores de la Facultad de Geografía e Historia (USC).

 

Seminario de diciembre: A poética trobadoresca na corte de Alfonso X

sehm-2016-12-20-cartelEl seminario de diciembre está dedicado a la literatura trovadoresca, de la mano de Carmen Santiago Gómez, investigadora en el Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades y miembro del grupo de  investigación de Románicas de la USC.

La producción literaria de los trovadores gallego-portugueses se mantuvo viva aproximadamente un siglo y medio, desde los últimos años del siglo XII hasta mediados del siglo XIV. Durante este período, la actividad lírica se vio alterada por determinados agentes (políticos, sociológicos, geográficos…), que influyeron de manera decisiva en la configuración de la poética del movimiento. Actualmente, estas variaciones motivan una organización crítica del “tiempo trovadoresco” por etapas y, entre ellas, se considera el reinado de Alfonso X el período dorado de la lírica gallego-portuguesa. En esta sesión se explorará, desde un punto de vista temático y técnico, el momento histórico que abrazó la máxima expresión de esta experiencia literaria, a través la figura y obra de Johan Vaasquiz de Talaveira (ca. 1260-1295), uno de los representantes del denominado “período de expansión” de la lírica profana gallego-portuguesa.

Os esperamos el martes 20, a las 12:30 en el aula 9 de la Facultad de Geografía e Historia (USC).

 

 

Seminario de noviembre:La construcción del reino visigodo de Toledo: ¿un proceso planeado?

sehm-2016-11-17-screen-propaganda

El seminario del mes de noviembre da un giro hacia la alta edad media de manos de Pablo Poveda Arias del Departamento de Prehistoria, Historia Antigua y Arqueología de la Universidad de Salamanca que nos presentará La construcción del reino visigodo de Toledo: ¿un proceso planeado? 

La historiografía especializada suele interpretar la formación del reino visigodo hispano, y en especial la unificación del territorio peninsular bajo su dominio, como procesos inevitables derivados de una política consciente por parte de los monarcas visigodos. Esta perspectiva deriva en buena medida de una interpretación teleológica del período y aplicando una metodología retrospectiva sobre las fuentes, en lugar de concebirlas como productos de un tiempo determinado. De esta manera, alejándonos de tales perspectivas, el objetivo de la exposición será presentar el proceso de construcción del reino visigodo de Toledo como consecuencia y respuesta de la coyuntura política a la que se tuvo que enfrentar cada monarca visigodo. Partiendo de esta premisa, ahondaremos en las causas que llevaron a los reyes a expandirse territorialmente y a crear una de las realidades políticas más estables del Occidente post-romano, así como en los mecanismos empleados para ello.

 

Os esperamos, como siempre, en la Sala de profesores de la Facultad de Geografía e Historia (USC), el jueves 17 de noviembre a las 12:00 de la mañana.