Seminario: Codificando textos medievais. Introdución a TEI.

O doutor Miguel Ángel Pousada Cruz, da Universidade de Santiago de Compostela imparte o seminario de decembro o xoves 17, ás 19:00, na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia.

Volvemos falar de humanidades dixitais, desta vez cunha sesión centrada nas bases teóricas e metodolóxicas do marcado de textos. Miguel A. Pousada presentará a iniciativa TEI (Text Encoding Initiative), consorcio que impulsa un estándar de marcado de textos lingüísticos e literarios. A comunidade TEI é cada vez máis ampla no campo dos estudos medievais e non require coñecementos informáticos exhaustivos para mergullarse na súas etiquetas, así que estendemos un convite amplo a todas as persoas que teñades curiosidade nos proxectos dixitais ou esteades considerando integrar as humanidades dixitais nas vosas investigacións.

Este seminario estará complementado por un taller de TEI en xaneiro, onde poderemos facer exercicios prácticos con textos de lírica galego-portuguesa.

christine

Anuncios