Seminario: Tecnoloxías-X para medievalistas (ou que é XML e por que nos debería importar ás/aos humanistas)

Inauguramos novembro cunha sesión a cargo de Helena Bermúdez Sabel, da Área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.

Este seminario emárcase dentro da disciplina denominada Humanidades Dixitais, entendendo nós esta como o uso da tecnoloxía informática para levar a cabo un proxecto de investigación humanística, utilizando métodos computacionaisNeste contexto, falaremos de XML e a súa popularidade entre a comunidade científica deste ámbito, sendo o formato escollido de maneira maioritaria para modelar algunhas das propiedades semánticas dos documentos culturais empregados na investigación humanística (e non só).

O primeiro paso de todo proxecto de investigación en humanidades comeza pola análise documental. Reflexionaremos sobre como un modelo formal baseado nunha xerarquía ordenada pode axudarnos neste primeiro proceso, alén de comentarmos que tecnoloxías afíns tiran proveito. Partindo duns fundamentos metodolóxicos xerais, queremos defender o uso das tecnoloxías XML como pautas que poden guiar a nosa investigación, ademais de ofrecernos unha maior eficacia, eficiencia e rigorosidade á nosa pesquisa.

Vémonos o xoves, día 5, ás 19:00 na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia.Escribano

Anuncios